Logo Casa Lourán

Apartamento A Paneira

Un apartamento en exclusiva

120 € / noite (tempada baixa)
140 € / noite (tempada alta)

'A paneira' é un dos edificios máis antigos do conxunto arquitectónico de Casa Lourán sendo o almacenamento de gran un dos primeiros usos do edificio como o seu nome indica. Tivo diversos usos ao longo da súa historia, sendo forxa, taller de carpintería cos seus tornos tradicionais e mesmo valeu de escola.

Hoxe en forma de apartamento diáfano de deseño coidado conta con todo o confort das construcións máis actuais dispoñendo de cociña equipada, sala de estar e mesmo un recuncho ideal para teletraballo. A cama sitúase nun altiño flotante que marca a diferencia coas habitacións tradicionais e dá a sensación de descanso nunha cabana de soño.

Unha ampla cristaleira fai que a calidez da luz do día ilumine todo o salón puidéndose abrir completamente coa sensación de ter a natureza integrada no espazo do apartamento.

Conta tamén cunha cheminea de leña e con calefacción de chan radiante que aseguran o confort e a calidez.

RESERVAR
Cama doble
Sofá cama
Suelo radiante
Chimenea
Baño completo
Cosibilidad de cuna
Cocina completa
Vistas al jardín
Wifi

A tempada alta abrangue de xuño a setembro inclusive, nadal, semana santa e mais pontes.

Logo Casa Lourán
Logo FacebookLogo Instagram

+34 679 251 163

info@casalouran.com
Restrebas, Val de Xestoso. 15315 - Monfero, A Coruña

Isto foi obra de Sr. Concejo