480 € / noite (tempada baixa)
500 € / noite (tempada alta)
Conta cunha cociña totalmente equipada para usar polas persoas que se aloxan, un salón comedor amplo, un ceador, barbacoa e biblioteca. Casa Lourán é un lugar único para celebrar reunións familiares ou pequenos eventos de empresa que precisen dun lugar tranquilo e recollido para fomentar o traballo en equipo.
A capacidade total da casa é de doce prazas, distribuídas en seis habitacións dobres con posibilidade de cama supletoria en tres delas.
Ademáis, contamos cunha gran palleira pegada á casa dunha superficie de 70m cadrados e unha altura de máis de 3m para a celebración de calquera tipo de evento ou celebración cun aforo de ata 80 persoas. É habitual que fagamos celebracións de bodas, aniversarios e reunións familiares en donde parte dos asistentes quedan a durmir na casa.
A tempada alta abrangue de xunio a setembro inclusive, nadal, semana santa e mais pontes.