76 € / noite (tempada baixa)
82 € / noite (tempada alta)
As habitacións dobres especiais, con dúas camas de 1.05, ofrecen a posibilidade de engadir cama supletoria.
Trátase das dúas habitacións máis amplas da casa.
A tempada alta abrangue de xunio a setembro inclusive, nadal, semana santa e mais pontes.
Zume de laranxa natural, leite das nosas vacas, manteiga feita na casa, o requeixo, produto rei da nosa granxa e unha grande variedade de marmeladas feitas cos froitos que nos da o lugar: moras, framboesas, amorodos, figos ou pexegos.
Comezar o día en Casa Lourán convértese, nun pracer de sabores e intercambios entre visitantes acompañados de conversa matutina natural sen aditivos engadidos.