Logo Casa Lourán

A granxa Lourán

Da horta ao prato

A casa tradicional sempre foi centro de economía doméstica onde os animais ocupaban un lugar fundamental

Así segue sendo nos nosos días en Casa Lourán

A granxa Lourán é hoxe en día unha granxa de vacún de leite de pastoreo. As nosas vacas ofrécennos un leite de primeira calidade que podemos desfrutar en cada almorzo da casa. O requeixo, elaborado na nosa queixaría e a manteiga feita na casa, son sabores dos que dificilmente se pode gozar nos nosos días.

Ademais da granxa, a terra ofrécenos unha chea de posibilidades para garantir uns produtos de primeira calidade. En Casa Lourán, respectamos ao máximo os produtos de temporada, e tentamos ofrecer aqueles alimentos cos que a terra nos agasalla en cada época do ano.

Unha grande variedade de produtos da horta no verán, aos que seguen as cabazas e as castañas do outono ou os grelos do inverno, son alimentos que ofrecemos nas xornadas culinarias.

As marmeladas son elaboradas coas moras que se recollen no verán, as framboesas, os figos ou os pexegos que cada ano aparecen con cada nova colleita, e o cabelo de anxo apórtanos un saboroso ingrediente para distintos postres elaborados na nosa casa.

Trasladamos o valor dos produtos da terra aos almorzos e xornadas culinarias da casa
Requesón Rastrebas de Ganja Lourán

Granxa Lourán

Infórmate sobre a posibilidade de mercar o 'Requeixo Restrebas' na nosa casa ou chámanos  ao

606 227 412

Tamén podes escribir ou facer pedidos: granxalouran@gmail.com

Síguenos!

Logo Casa Lourán
Logo FacebookLogo Instagram

+34 679 251 163

info@casalouran.com
Restrebas, Val de Xestoso. 15315 - Monfero, A Coruña

Isto foi obra de Sr. Concejo