Logo Casa Lourán

Fragas do Eume

O tesouro do Bosque Atlántico

Moito que ver, moito que facer

Descobre un dos poucos exemplos de Bosque Atlántico

As Fragas do Eume foron declaradas Parque Natural no ano 1997. Trátase dun dos Bosques Atlánticos de Ribeira mellor conservados de Europa. O río Eume, que nace na Serra do Xistral e bica ao mar en Pontedeume, ten uns cen quilómetros de lonxitude, e labrou no seu curso final un profundo canón ao redor do cal se manteñen aínda vivas as fragas ás que lles da nome o río. 

A espesura deste manto vexetal, transforma a paisaxe nas diferentes estacións do ano cunha variedade de cores que son un agasallo para os sentidos. Carballos e castiñeiros, acompañados de bidueiros, salgueiros, abeleiras, acivros, loureiros ou teixos, conforman estes bosques máxicos ademais dunha ampla colección de musgos e fieitos relitos da Era Terciaria que son unha das xoias das nosas fragas. É doado tamén atopar calquera especie da fauna salvaxe autóctona, lexítimos habitantes deste espazo singular.

Innumerábeis camiños e sendeiros agóchanse entre estas densas fragas, discorrendo, na súa maioría, pola beira ou nas proximidades do río. O Camiño da Ventureira, o Paso da Vella, os cumios de Sanguiñedo ou de Pena Fesa (practicábel en bicicleta) entre outros, conforman unha extensa e variada oferta, que en tempada de outono, vese salpicada de gran variedades de cogomelos.

Ao redor do río Eume existen diferentes empresas dedicadas a organizar numerosas actividades pola beira do río e rutas en kaiak que transcorren polas zonas máis fermosas das fragas. Desde o Mosteiro de Caaveiro até o Mosteiro de Monfero, pasando pola Torre de Andrade, a zona posúe unha morea de tesouros históricos e museos adicados á cultura autóctona e tradicional, así como distintos xacementos arqueolóxicos.

Reliquias da construción civil como muíños ou pontes centenarias comparten paisaxe con restos relixiosos e feudais

Logo Casa Lourán
Logo FacebookLogo Instagram

+34 679 251 163

info@casalouran.com
Rastrebas, Val de Xestoso. 15315 - Monfero, A Coruña

© 2024 Casa Lourán | Legal advice | Privacy policy | Accesibility

This has been the work of Sr. Concejo