Casa Lourán

Sobre Casa Lourán Contorna única

Nun dos vales máis enxebres de Monfero, ao pé da Serra da Loba, e envolta en castiñeiros centenarios, atópase Casa Lourán.

Aquí é fácil encontrar a tranquilidade, o acougo, a harmonía da natureza e relaxarnos escoitando o murmurio das augas correndo polo antigo lavadoiro.

Ferramentas, apeiros e edificacións trasládanos a antano na historia das casas tradicionais da dorsal galega, onde a casa era centro de vida e economía familiar.

Para aqueles que prefiren un turismo activo, contamos cunha contorna ideal para a práctica de actividades ao aire libre e fermosos paseos e, dentro da casa, os hóspedes poden participar na elaboración dos produtos caseiros que servimos ou visitar a nosa granxa.

.

Center(Top)

Sobre Casa Lourán Estancias para gozar

A casa conta con seis habitacións dobres con baño. Ten capacidade para aloxar a 15 persoas e é posible o aluguer por habitacións ou o aluguer íntegro da casa completa. Conta cun amplo salón comedor presidido por unha gran lareira. Este espazo é óptimo para levar a cabo calquera xuntanza familiar, empresarial, eventos, etc.

A cociña desta casa é accesible e pública a todas as persoas aloxadas. Nela disponse dun autoservizo de mini-bar e está equipada con todos os servizos para facer unha estancia o máis cómoda posible. Dispoñemos tamén dunha pequena biblioteca na buhardilla da casa onde se pode atopar distinta información da zona do Eume.

Os exteriores de amplos xardíns, teñen árbores autóctonas e centenarias, e un ceador para gozar do silencio e a tranquilidade propia do contorno.