Sobre Casa Lourán Contorna única
Nun dos vales máis enxebres de Monfero, ao pé da Serra da Loba, e envolta en castiñeiros centenarios, atópase Casa Lourán.
Aquí é fácil encontrar a tranquilidade, o acougo, a harmonía da natureza e relaxarnos escoitando o murmurio das augas correndo polo antigo lavadoiro.
Ferramentas, apeiros e edificacións trasládanos a antano na historia das casas tradicionais da dorsal galega, onde a casa era centro de vida e economía familiar.
Para aqueles que prefiren un turismo activo, contamos cunha contorna ideal para a práctica de actividades ao aire libre e fermosos paseos e, dentro da casa, os hóspedes poden participar na elaboración dos produtos caseiros que servimos ou visitar a nosa granxa.