conta os momentos

Moito que facer en Casa Lourán, dentro, fóra e nas inmediacións.

O antes e o agora

Casa Lourán, é unha casa tradicional galega, que leva séculos adaptándose ás distintas realidades da nosa familia durante xeracións. Foi no ano 2001, cando rehabilitamos este conxunto de grande valor patrimonial para abrilo ao mundo.

Adaptar a nosa casa aos novos tempos, tentando gardar a esencia do que é unha casa da aldea, foi para nós un reto que vemos conseguido: o forno segue cocendo pan, a auga segue correndo no antigo lavadoiro e as persoas seguimos vivindo nunha aldea que queremos viva.

Ver Máis

Casa Lourán. A túa casa nas Fragas

...e preto, moi preto da casa

Sita na zona de montaña das Fragas do Eume, o Val de Xestoso garda a autenticidade dun territorio que mantén un sector primario vivo, onde a terra segue sendo a protagonista da economía local. A paisaxe agraria, numerosos regatos, prados cercados de fragas e variado patrimonio civil, ofrecen agradables paseos ao carón da casa.

A localización da casa permite coñecer o Parque Natural das Fragas do Eume que ofrece unha variada oferta de actividades, así como visitar o litoral das Rías de Betanzos e Ares ou a impresionante costa de Ortegal. A casa atópase a unha hora de catro das principais cidades de Galicia: A Coruña, Ferrol, Lugo e Compostela.

Ver Máis

Escogimos esta casa porque era como un retiro de paz, naturaleza y por su situación. Y acertamos sin duda. La casa es increíble, de piedra, pizarra y madera. Está decorada con mucho detalle, pero sencilla y eso la hace muy bonita, auténtica... te traslada al pasado. 
La familia que lo lleva es encantadora, muy amable y cercana. Sirven un desayuno buenísimo todo casero, Lo recomiendo al 200%.
Tripadvisor (12/08/2017)