casa rural no parque natural fragas do eume en Monfero A Coruña
casa rural Casa Louran

Benvidos
á Casa Lourán

Nun dos vales máis enxebres de Monfero, ao pé da Serra da Loba, e envolta en castiñeiros centenarios, atópase Casa Lourán.

Aquí é fácil encontrar a tranquilidade, o acougo, a harmonía da natureza e relaxarnos escoitando o murmurio das augas correndo polo antigo lavadoiro.

Ferramentas e apeiros tradicionais trasládanos a antano no que Lourenzo González fundou a casa no século XVIII.

Para aqueles que prefiren un turismo activo, contamos cunha contorna ideal para a práctica de actividades ao aire libre e, dentro da casa, os hóspedes poden participar na elaboración dos produtos caseiros que servimos coma o pan, o queixo, o mel... etc.

turismo rural nas Fragas do Eume
galego  |   español  |   english  |   français
    © 2008 Casa Lourán - Restrebas, Val de Xestoso. 15315 Monfero (A Coruña). T.:981 195 478 - F.: 981 195 730 - créditos