A lectura

A lectura

O faiado das casas era un lugar cheo de misterios. Alí ían parar obxectos que a vida moderna ía relegando ao ostracismo. Alí gardábanse lembranzas de quen xa non estaba, cousas vellas que deixaban de ter utilidade. Alí subían os nenos e as nenas a descubrir segredos ou a vestirse coas vellas roupas no entroido.

 

A Casa Lourán ten hoxe un faiado que se converteu nunha pequena sala de lectura. Os segredos e os misterios quedan hoxe agochadas entre páxinas de papel.
Algún libro de antropoloxía e fotografía que explican a vida, libros antigos que levan décadas na casa, novelas ou poesía están disposición de quen queira gozar da lectura un día de choiva. 
Nun pequeno berce de vimbio, gárdanse tamén variados contos para nenos e nenas.